domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasO BNG de Ponteareas fai públicos informes relacionados cós contratos irregulares de...

O BNG de Ponteareas fai públicos informes relacionados cós contratos irregulares de Corpus

O partido nacionalista replica o comunicado emitido polo goberno local en relación á denuncia que o partido presentou na Fiscalía polas irregularidades nos contratacións da festa tradicional

O BNG vén de replicar o comunicado emitido polo goberno local en relación á denuncia que a formación nacionalista presentou na Fiscalía polas irregularidades nos contratos do Corpus. Ante o argumento do goberno de que conta con informes favorables, o BNG fixo
público un extracto do informe de Intervención, no que indica que “esta Intervención considera que se deberá abrir o correspondente expediente para depurar responsabilidades e, no seu caso, impoñer sancións por danos a bens municipais”, polo que o Bloque afirma que “deixa clara unha irregularidade na execución do contrato ante a inacción do goberno”.

Así mesmo, a través do concelleiro Xosé Carlos Vázquez, o BNG afirma que o goberno “minte descaradamente ao xustificar que o Concello se viu obrigado a comprar tapóns que non entraban dentro do contrato dos valos para evitar que quedasen perforacións, xa que fixeron a compra antes de instalar o valado”. Tal como demostra o Bloque, facendo públicos os documentos, “o contrato establecía a obriga de subministrar 1.400 tapóns para os buratos, pero o Concello mercou a outra empresa 2.600 tapóns máis o 23 de maio, cando o valado foi instalado o día 1 de xuño e retirado o dia seguinte”.

Vázquez aclara tamén que “malia que o goberno xustifica a factura a dedo por 14.500 euros para comprar tapóns, a realidade é que esa empresa non só subministrou os tapóns, senón que se encargou de toda a montaxe do valado e da colocación dos propios tapóns, traballo que estaba contratado a outra empresa”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS