viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO obradoiro de emprego de albanelaría rehabilita a antiga escola de San...

O obradoiro de emprego de albanelaría rehabilita a antiga escola de San Lorenzo en A Guarda

A iniciativa acredita a formación e experiencia dos participantes nun campo como a albanelaría

O obradoiro de emprego Manuel B. Portela IX encara o seu último trimestre de traballo en albanelaría. Unha actividade que ofreceu durante un ano, formación e emprego de forma simultánea a 20 persoas desempregadas.

Esta edición comezou a finais do 2023 co obxectivo de levar a cabo dous proxectos que cubrían unhas necesidades básica na vila guardesa.

O primeiro deles executouse no mesmo espazo onde os participantes impartiron as clases, concretamente, no edificio da Avenida de Diego Antonio González. Alí, o alumnado desenvolveu dúas tarefas principais, por un lado, a rehabilitación das fachadas e por outro, a construción dunha nova saída do edificio que implicaba a construción dunhas novas escaleiras.

O segundo proxecto consistiu na rehabilitación da antiga escola de San Lorenzo, tanto no seu exterior como interior. Neste traballo, as tarefas tiñan como principal obxectivo manter a esencia do edficio como o seu característico teito, mais tendo en conta a súa adaptación para que fora unha construción eficiente enerxeticamente.

Unha vez finalizado o prazo dos 12 meses, o alumnado recibirá o seu certificado que facilitará a súa busca de emprego e lles acredita a formación e experiencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS