A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou esta mañá no recoñecemento ao voluntariado dixital mosense que loita contra a fenda dixital no rural
A alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mocidade, Participación Cidadá, Emprego e Educación, Julia Loureiro, asistiron esta mañá ao acto de recoñecemento aos voluntarios dixitais de Mos, Guadalupe Ordóñez, Mónica Suárez e Andoni Silva, á Fundación Esplai representada polo vseu presidente Enrique Arnanz, e á Amtega, representada polo director da súa área de Sociedade Dixital, Miguel Rodríguez.
A administración local mosense, a través da súa Axencia de Colocación, organizou este acto de recoñecemento ao voluntariado dixital, que hoxe se celebrou, e durante o que se homenaxeou aos voluntarios dixitais de Mos: Guadalupe, Mónica e Andoni, á Fundación Esplai pola súa colaboración co Concello de Mos neste senso, e ao apoio da Xunta de Galicia, concretamente á Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega).
Fíxose unha mención especial a Guadalupe Ordóñez e Mónica Suárez, receptoras de sendos premios nacionais da Fundación Esplai. A voluntaria Guadalupe Ordóñez fora premiada pola Fundación Esplai en decembro de 2021, como recoñecemento ao seu labor de voluntariado dixital. E pola súa banda a voluntaria Mónica Suárez, recibiu o premio o pasado mes de xuño. Ambas realizan un recoñecido labor de alfabetización dixital e mellora das competencias dixitáis para o Emprego.
Enrique Arnanz Villalta, Presidente do Patronato da Fundación Esplai (con ámbito de actividade estatal e Iberoamérica) é sociólogo e filósofo. Presidente de IC Iniciativas e Asesor para Políticas Sociais no Parlamento Europeo. O eixo transversal da súa vida profesional foi a preocupación polo desenvolvemento comunitario, o ámbito asociativo e das organizacións sociais en España e América Latina, con especial incidencia nalgúns escenarios de exclusión social. O Concello de Mos desde a Axencia de Colocación está desenvolvendo anualmentre co equipo da Fundación Esplai Vigo proxectos de insclusión dixital con nenos/as e maiores, entre eles o que se realizou este verán coa cativada mosense na Biblioteca Municipal María Magdalena.
Tanto a Fundación Esplai como a Xunta de Galicia colaboran neste ámbito co Concello de Mos prestando apoio para formación, equipamento informático, proxectos de inclusión dixital, selección de voluntarios/as dixitais e cobertura dos mesmos etc.
Con todas as actividades que dende o Concello de Mos se desenvolven co apoio d@s voluntari@s dixitáis, trabállase no municipio contra a fenda dixital no rural mediante a impartición de formación de adultos/maiores en Alfabetizacion informática, formación no uso eficiente do móbil, Formación Office e certificacións con validez e recoñecemento
internacional, e integradas no Marco Europeo de Cualificacións: Microsoft Office Specialist (M.O.S.) e IC3 GS5 e CRI-TIC Curso de competencias Dixitáis para nenos/as de 9 a 13 anos como o que se impartiu este verán na Biblioteca Municipal María Magdalena.