Arestora, son 3.670 casos activos en COVID-19, isto é, 439 máis que na anterior xornada, segundo o SERGAS.
Sanidade notifica 3.670 casos activos en COVID-19 en Galicia. Isto é, 439 máis ca onte. Todas as áreas sanitarias repuntan en canto ao número de positivos epecialmente a de Ourense con 123 máis.
Por áreas sanitarias:
A Coruña: 745 (+36)
Vigo: 734 (+98)
Pontevedra: 663 (+48)
Ourense: 606 (+123)
Lugo: 395 (+43)
Santiago: 386 (+73)
Ferrol: 141 (+18)
O repunte nos casos activos non se reflicte, polo de agora, na presión hospitalaria de Galicia. son 60 pacientes ingresados por mor da COVID-19, dos cales 10 permanencen en UCI. En total, son dúas persoas máis que precisan hospitalización con respecto á anterior xornada.