sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO País"Non podemos agardar dous anos a recuperar o IVE reducido para o...

«Non podemos agardar dous anos a recuperar o IVE reducido para o sector da imaxe persoal»

O representante do sur da proncia de Pontevedra de «Ceer en nosotros» do sector da imaxe persoal e salóns de peiteado, Marcos Valverde, sianla que a xuntanza cos senadores e deputados do Partido Popular foi «moi produtiva».

Senadores e deputados do Partido Popular mantiveron unha xuntanza este xoves en Vigo con representantes do sector da imaxe persoal e dos salóns de peiteado co fin de apoialos «para consegir un IVE reducido ao 10%», segundo apuntan os populares. Precisamente, a senadora Elena Muñoz inforoulles da presentación dunha proposición para tramitar como lei a recuperación do IVE reducido, «logo de que o PSOE tumbara todas as iniciativas».

No 2012,  o IVE do sector pasou a ser do 21% coa promesa de que, unha vez que se superara a crise económica dese periodo, se lles devolvería ao 10%. Agora, no 2021 representantes da imaxe persoal e do salón de peiteados continúan reclamandoo.

O representantes das comarcas do sur da provincia de Pontevedra, Marcos Valverde, explica para os informativos de Si Radio que «non podemos agardar dous anos a recuperar o IVE reducido» de non ser así «calcúlase que preto do 50% dos salóns poden pechar». Anuncia Valverde unha mobilización masiva en Santiago de Compostela con profesionais do sector de diferentes comunidades do Estado para o 19 de xullo.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS