jueves, septiembre 19, 2024
InicioO PaísA CoruñaAugas de Galicia resolveu preto de 430 expedientes ao mes de media...

Augas de Galicia resolveu preto de 430 expedientes ao mes de media durante o 2023

Os técnicos do organismo hidráulico realizaron arredor de 10.000 inspeccións na demarcación Galicia-Costa durante o ano pasado, un labor que permitiu corrixir ou facer que cumpran os límites establecidos un total de 10.383 puntos de vertido, o 91% dos inventariados nas áreas da súa competencia

A entidade de Augas de Galicia resolveu preto de 430 expedientes ao mes de media durante o ano pasado, o que permitiu autorizar obras, concesións de augas, usos privativos, autorizacións de vertido ou sancións por vertidos, entre outros. Estes datos son unha mostra da axilidade e dos numerosos trámites que realiza o organismo hidráulico autonómico no seu día a día.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presidiu hoxe a sesión ordinaria do Consello Reitor de Augas de Galicia, onde se analizou a actividade desenvolvida polo ente durante 2023. O obxectivo era mellorar as infraestruturas de abastecemento, o saneamento e depuración e a xestión ambiental das augas nas áreas que están dentro das súas competencias.

Augas de Galicia é a entidade responsable do control dos vertidos que se producen aos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e dos que chegan desde terra ao mar en toda a costa da comunidade autónoma. Co fin de atallar estes episodios, o organismo hidráulico conta cun Programa de Control de Vertidos cunha planificación que busca localizar puntos de vertido e avaliar a súa importancia. Ademais, controla o cumprimento dos límites impostos, xestiona as alertas, asesora e colabora cos titulares das instalacións para a súa correcta xestión e identifica zonas potencialmente sensibles. Con este programa tamén fomenta a concienciación social e desenvolve estudos concretos na materia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS