jueves, diciembre 26, 2024
InicioNewsActualidadeMos recibe a Juan Ferrón, tras o seu paso polas olimpiadas

Mos recibe a Juan Ferrón, tras o seu paso polas olimpiadas

Ademais de Juan foron homenaxeados Carolina, Eva, Antía, Noa, Marcos e Ada nun acto celebrado na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro

O Concello de Mos celebrou na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro onte pola tarde a
recepción ao Club Natación Mos polos logros acadados nesta pasada tempada deportiva que se culminaron co broche da gran actuación de Juan Ferrón nos Xogos Paralímpicos de París 2024.


Na recepción estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, Juan Ferrón cos seus pais e o seu adestrador, Alberto Pereira “Xouba”, o presidente do Club Natación Mos, Adrián Trillo, os demais nadadores homenaxeados: Carolina, Eva, Antía, Noa, Marcos e Ada; xunto coas súas familias e demais integrantes do club deportivo mosense.


Recoñecéronse durante o acto os logros dos nadadores e nadadoras do club en 5 competicións diferentes: os Xogos Paralímpicos de París´24 o Cto. España Alevín de Verán Ciudad Real, o Cto. España Junior de Verán Palma de Mallorca, Cto. Galego Alevín de Verán Cervo e Cto. Galego Junior Absoluto Ourense.


En Paris´24, Juan Ferrón foi o primeiro deportista dun Club mosense en obter a clasificación a uns Xogos Paralímpicos logrando a súa convocatoria co Equipo Nacional nos 100 metros Bolboreta e nos 400m Libre. 7º nos 100m Bolboreta, obtendo un diploma olímpico e 11º nos 400m Libre. Conságrase como un dos mellores nadadores a nivel internacional na Categoría S- 13 (discapacidade visual grave) tras disputar xa o IDM de Berlín en 2019 e 2022, dous Campionatos de Europa e dous Campionatos do Mundo, logrando en todas as súas competicións internacionais disputar a final.


No CTO. GALEGO JUNIOR ABSOLUTO-OURENSE os resultados obtidos foron os seguintes:
CAROLINA PEREIRO: OURO en 50,100 e 200 braza; PRATA EN 4×100 Estilos, BRONCE en 50m Bolboreta e 4x100m Libres. EVA MARTINEZ: OURO en 50 metros Libre; PRATA en: 50 costas, 100 Costas e 4x100m Estilos; BRONCE EN 4x100m Libres. ANTIA HERMIDA: OURO en 50 Bolboreta, PRATA en 4x100m Estilos BRONCE en 50m Libres, 100m Bolboreta e 4x100m Libre. NOA SALGUEIRIÑO: PRATA en 4x100m Estilos e BRONCE en 4x100m Libres. No CTO. GALEGO ALEVÍN DE VERÁN-CERVO, MARCOS GARABATOS logrou un OURO en 50m Libres, 100m Libres, 50m Bolboreta e 100m Bolboreta. Foi o primeiro nadador do Club Natación Mos en establecer un “poker” de Ouros a nivel individual nun mesmo Campionato Galego. Logrando gañar todas as súas probas con Record Gallego de 13 anos. Estableceu un total de 7 récords galegos de idades nestas catro probas entre Xuño e Julio en: Cto Galego Alevín, Cto de España Alevín e Trofeo Amizade. E ADA BARROS logrou un OURO nos 50m Libres e PRATA nos 100m Libre.

No CTO. DE ESPAÑA ALEVÍN DE VERÁN CIUDAD REAL os resultados obtidos foron os seguintes: MARCOS GARABATOS participou en 4 probas (50 e 100 Libre e 50 e 100 Bolboreta) nadando o máximo número posible de probas e sendo o primeiro nadador do Club Natación Mos en obter máis de 4 mínimas nacionais. Logrou nadar tres das catro finais rozando a medalla de bronce nos 50m Libre (4º) e establecendo varios Récords Galegos de idades, consolidándose como un dos mellores velocistas a nivel nacional da súa idade. E ADA BARROS nadou os 50m Libre, cunha moi meritoria participación, mellorando notablemente o seu tempo de inscrición e quedándose ás portas de nadar a final xunto ás 8 mellores.


Tanto Marcos como Ada, foron dous nadadores de Categoría Alevín destacados, estando
convocados ao Grupo Especial de Seguimento da FEGAN durante todo o ano, e Marcos foi convocado coa Selección Galega en febreiro para o Cto de España por CC.AA).


Por último, no CTO. DE ESPAÑA JUNIOR DE VERÁN-PALMA DE MALLORCA, CAROLINA PEREIRO nadou os 50 e 100 metros braza, pelexando polos postos de final en ambas as probas. ANTIA HERMIDA nadou os 50 metros Bolboreta, onde logrou obter a mínima para a tempada 24-25 contra nadadoras un ano maiores. E EVA MARTINEZ nadou os 50 metros Costas, pelexando por obter postos na final nacional.


Tanto a rexedora local, Nidia Arévalo, como a edil de Deportes, Feli Rodríguez, xunto co presidente do Club Natación Mos, Adrian Trillo, destacaron para concluír “os resultados de todos os nadadores do Club, que obtiveron preto de 20 de medallas nos diversos Campionatos provinciais. Sendo a Tempada 23-24 a de maiores éxitos do club, motivo polo cal estamos inmensamente orgullosos de todos eles”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS