A corporación municipal recibiu a estes deportitas que trouxeron para Mos preto de medio cento de medallas
Coincidindo co Campionato Galego Infantil de Verán disputado a pasada fin de semana no que o Club Natación Mos acadou varios récords absolutos por parte dos seus deportistas, o Concello de Mos organizou na praza do Concello unha recepción para homenaxealos polos últimos resultados obtidos en varios campionatos.
Ao acto asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais edís membros do equipo de goberno local e representantes dos grupos da corporación municipal.
No Campionato Galego Infantil de Verán acadaron:
• Carolina Pereiro, acadou dos ouros en 100 e 200 braza
• Antía Hermida o ouro en 50 libre e prata en 100 mariposa
• Eva Martínez prata en 50 libre, prata en 100 espalda e ouro en 200 espalda
• David Freire logrou un 19° posto en 100 espalda e 17 posición nos 200 espalda, mellorando as súas marcas persoais
• Ainoa Pardavila xogou un papel importante nos relevos facendo unhas grandes postas e pelexou por varias medallas da súa categoría en 100, 400 e 800 libre, demostrando un gran estado de forma e o seu gran traballo
• Noa Salgueiriño quedou 5ª do ano 2008 en 50 libre e 12ª en 100 libre no ano 2008
No Campionato Galego Máster de Verán os veteranos do Club Natación Mos fixéronse cun total de 28 medallas, o que supuxo que estivese no alto das clasificacións dos 25 equipos participantes: 5º clasificado en categoría conxunta; 5º en categoría masculina e 12º clasificado en categoría feminina. Os medallistas foron: Alberto Trincado, Ricardo Rodríguez, Álvaro Fernández, Andrés Rodríguez, Ana Morgadas, Pablo Morgadas, Roi Rodríguez e Carlos García
O nadador Marcelo Jorge estableceu un total de 3 récords galegos nas tres probas de braza en categoría +55 anos. Acadando tres medallas de ouro en 200B, RG 100B e RG 50B.
Celia Iglesias, un ano máis demostrando experiencia aos seus 88 anos alzouse co trofeo á nadadora máis veterana do campionato, mostrando ser unha gran referente. Foron dúas as súas medallas de ouro: en 50L e en 200E (+85)
O Gran homenaxeado da tarde foi Juan Ferrón polo seu Ouro en 200 mariposa logrado no Campionato de España de clubs de natación adaptada.
As súas marcas neste campionato foron: medalla de ouro en 200 mariposa; 9º en 100 libre multidiscapacidade; 3º en 100 libre; prata en 50 mariposa; 8º en 50 libre multidiscapacidade; 3º en 50 libre; 6º en 100 mariposa multidiscapacidade e por último 2º en 100 mariposa