viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO TSXG avalou o PXOM de Ponteareas e tumbou os recursos presentados...

O TSXG avalou o PXOM de Ponteareas e tumbou os recursos presentados contra este plan

O extenente de alcalde Roberto Mera (BNG) deu a coñecer as sentenzas ante a falta de publicación da información polo goberno local e actores políticos que as coñecen dende hai un ano

O extenente de alcalde entre 2019 e 2023, Roberto Mera (BNG), revelou hoxe que o TSXG rexeitou e tumbou os recursos presentados por promotores inmobiliarios, políticos e particulares contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado polo goberno bipartito do BNG-PSOE en 2021. O nacionalista salienta que “as sentenzas do TSXG avalan de principio a fin a legalidade e corrección do Plan Xeral que con tanto esforzo logramos aprobar”.

Mera explicou que fai pública esta información “a título persoal” diante da “ocultación absoluta do goberno local e do silencio inexplicábel de outros actores políticos que, a pesares de coñecer as sentenzas dende hai un ano, non as fixeron públicas nin as deron a coñecer.” O extenente de alcalde, quen accedeu ao contido das sentenzas a través do Centro de Documentación Judicial do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) engadíu que “a veciñanza e a opinión pública teñen dereito a coñecer unhas decisións xudiciais de excepcional importancia para Ponteareas e gran repercusión económica, social e política”.

Mera amosou a súa satisfacción e salientou que “as resolucións xudiciais rexeitan con contundencia os recursos e avalan a legalidade do PXOM, desmontando tanto os argumentos empregados nos recursos como as duras críticas e falsidades lanzadas durante a tramitación do Plan por aqueles partidos e sectores económicos que querían evitar a toda costa que o noso goberno aprobase un Plan fundamental para o futuro de Ponteareas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS