viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPantalla xigante en Gondomar para apoiar a Desirée Vila nos Xogos Paralímpicos

Pantalla xigante en Gondomar para apoiar a Desirée Vila nos Xogos Paralímpicos

O Auditorio Municipal Lois Tobío retransmite a partir das 19.00 horas de hoxe a participación da gondomareña en salto de lonxitude na categoría T63

O Concello de Gondomar instala hoxe, 5 de setembro, unha pantalla xigante para retransmitir en directo o debut da gondomareña Desirée Vila. A deportista está en París para competir nos Xogos Paralímpicos. A partir das 19:00 horas, todo o municipio poderá gozar desta retrasmisión no Auditorio Municipal Lois Tobío. “Desde Gondomar imos apoiala con todas as forzas”, sinalaban desde o goberno local.

A atleta gondomareña compite na modalidade de salto de lonxitude na categoría T63. A finais de maio, logrou a quinta posición no Mundial Paralímpico desta categoría, que tivo lugar en Xapón, tras asinar unha marca de 4,36 metros. Nestes Xogos Paralímpicos de París busca mellorar a súa mellor marca persoal histórica, que cultivou en maio en Basauri. Esta foi de 4.40 metros, que lle permitiu superar a mínima establecida para poder competir na cita que se celebra na capital francesa.

Xa en París, Desi Vila estivo a compartir todas as experiencias, onde nos días previos á competición mostrou aos seus miles de seguidores nas redes sociais como é o comedor da vila paralímpica. Ademais, ensinou os obsequios que se entregan a cada un dos participantes no evento deportivo no que soña participar cada deportista.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS