viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Casa do Conde de Salvaterra de Miño acolle a mostra "Cines...

A Casa do Conde de Salvaterra de Miño acolle a mostra «Cines de Pontevedra»

A Deputación levará por toda a provincia esta exposición que recupera a memoria e a ilusión das antigas salas da provincia

Despois de estar exposta no vestíbulo do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra durante o pasado mes de agosto, a mostra “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión” comeza a súa viaxe pola provincia cunha primeira parada en Salvaterra de Miño. Esta exposición poderá visitarse na Casa do Conde do Museo da Ciencia do Viño. A inauguración é hoxe ás 12:30 horas, e nela participarán os deputados provinciais Jorge Cubela e Nava Castro.

A mostra, promovida pola propia institución provincial, busca recuperar os recordos dos vellos cines, daqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia e que, salvo contadas excepcións, pertencen xa ao pasado. Desta maneira, recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine. Ademais de restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cine subsisten nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos. Deste xeito, o proxecto complétase coas memorias e vivencias de persoas da provincia, un traballo para o que se realizaron máis de 500 enquisas.

A mostra estará dispoñible na Casa do Conde ata o 29 de setembro, de xoves a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. Despois do seu paso por Salvaterra, continuará o seu percorrido polos concellos da provincia con paradas na Estrada, no mes de outubro, e Sanxenxo, a continuación, para rematar o ano na Sede de Vigo da Deputación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS