viernes, noviembre 22, 2024
InicioNovas CorporacionsGobernosJácome reclama unha reunión con Rueda pola que "leva esperando cinco meses"

Jácome reclama unha reunión con Rueda pola que «leva esperando cinco meses»

“Seguen no caixón todos os temas pendentes, investimentos e obras que desvían ás zonas xa máis ricas de Galicia, condenándonos a ser vagón de cola”, manifesta o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reiterou esta mañá a súa solicitude ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, de manter unha xuntanza oficial para tratar proxectos estratéxicos para a cidade de Ourense.

Jácome lembra que desde o mes de abril, ven solicitándolle ao titular do goberno autonómico a celebración desta reunión, por diferentes vías, tanto oficiais como extraoficiais, sen recibir resposta.

“O presidente da Xunta segue negándose a recibir o alcalde da terceira cidade de Galicia. Os cinco meses transcorridos, e subindo, son sinal inequívoco da folla de ruta de Rueda coa capital da provincia sen mar de Galicia: menosprezo e discriminación total”, asegura o rexedor ourensá.

Mentres, explica Pérez Jácome, “seguen no caixón todos os temas pendentes que urxen de Ourense, investimentos e obras que se postergan en Ourense e que se desvían ás zonas xa máis ricas de Galicia, condenándonos a ser vagón de cola, mentres esperan que nos conformemos con esmolas”.

O alcalde leva solicitando esta reunión desde o mes de abril de 2024. Fíxoo extraoficialmente na investidura do presidente da Xunta, tamén o solicitou a Alcaldía por vía telefónica, e reiterou a súa solicitude o día 8 de xullo a través dun correo electrónico remitido ao delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

Gonzalo Jácome lembra que recentemente o presidente da Xunta expresaba a súa queixa por non ser recibido polo presidente do Goberno de España, malia terllo solicitado hai meses, e advirte: “o mesmo tempo leva esperando o alcalde da terceira cidade de Galicia para ser recibido polo presidente da Xunta”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS