miércoles, diciembre 18, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoFalece Xabier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses

Falece Xabier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses

Tui chora a morte de Xabier Añoveros Trías de Bes, que faleceu no día de onte aos 80 anos. Añoveros, natural de Pamplona pero residente en Barcelona, viaxaba a Tui sempre que podía, pois uníalle á cidade unha estreita relación dende fai décadas. De feito, fai tan só un mes que recibiu da man do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, una “Mención Honorífica Especial” en recoñecemento á súa adicación a Tui.

Añoveros era o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, ademais de autor de numerosos traballos de investigación sobre temática tudense. Tamén foi pregoeiro das Festas de San Telmo 2008.

Profesionalmente foi avogado, historiador, escritor e profesor titular de Dereito Mercantil e Sectores Financeiros na Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona.

A súa relación con Tui comezou no momento no que coñeceu á súa esposa, tamén falecida, Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado. Así, desde que en 1968 visitou Tui por primeira vez, non deixou de volver varias veces ao ano. De feito, comprou aos seus sogros a Casa da Canicouba, un inmoble situado no Conxunto Histórico de Tui.

Mañá, xoves, ás 19 horas, celebrarase una misa no seu honor na Igrexa de San Francisco, en Tui.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS