domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas presenta os dous novos cabezudos

O Concello de Ponteareas presenta os dous novos cabezudos

O Concello presentará hoxe día 4 ás 18:00 horas os dous novos cabezudos que renden homenaxe ao ciclista Delio Rodríguez e á menina Agustina Sarmiento

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, convidan a todas as nenas e nenos a coñecer os dous novos cabezudos.

O Concello presentará hoxe mércores día 4 ás 18:00 horas os dous novos cabezudos que renden homenaxe ao exitoso ciclista gañador de La Vuelta no ano 1945 tamén récord de vitorias parciais con 39 etapas gañadas, Delio Rodríguez, e á menina María Agustina Sarmiento de Sotomayor nada no ano 1637 no pazo dos Sarmientos, hoxe convento franciscano de San Diego de Canedo que aparece retratada na que se considera a obra mestra do pintor do Século de Ouro español Diego Velázquez.

Ademais, as familias presentes tamén coñecerán da man do restaurador as accións de mellora realizadas nos outros dous cabezudos. A actividade completarase cun obradoiros de chapas da Festa dos Remedios.

Alcaldesa e concelleiro de Cultura animan á cidadanía a participar nas actividades deste mes de festas no que o xoves día 5 ás 18:00 haberá un obradoiro de xogos populares no parque da Perillana. Do 6 ao 15 de setembro terá lugar o XV Torneo de Tenis Concello de Ponteareas nas pistas de tenis da Freixa organizado polo Club de Tenis de Ponteareas.

Obradoiro de arte floral
Para as floristerías de todo o Condado e da Paradanta e para as e os alfombristas o Concello organiza o obradoiro de arte floral Campos de Verán impartido por Carlos Curbelo na residencia de artistas da Praza Maior os días 5 e 6 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As inscricións poden facerse no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.gal

O venres día 6 ás 19:30 horas desfile de xigantes e cabezudos acompañados do grupo Senfol, ás 20:00 horas apertura dos postos enogastronómicos na praza Bugallal, ás 21:00 horas lectura do pregón a cargo de Roberto Vilar na Casa do Concello, ás 22:00 horas actuación de Camiñantes na Praza Maior dentro do programa +música da Deputación de Pontevedra e ás 23:30 horas verbena con Ritmo Joven na Praza Maior.

O sábado día 7 XVI Feira Tradicional dos Remedios e XXXVII Festival Folclórico do Condado con apertura de postos ás 10:00 horas. Ás 22:00 horas actuación de Black Lovers e Alteanos na Praza Bugallal e ás ás 23:30 horas verbena coa orquestra Florida Band na Praza Maior.

O domingo día 8 ás 11:30 horas xogos tradicionais na rúa Vidales Tomé, ás 19:00 horas tirada de foguetes, ás 19:30 horas misa solemne con procesión acompañada coa banda de música Unión de Guláns que tamén ofrecerá un concerto ás 21:30 horas na Praza Bugallal. Ás 22:30 horas verbena coa orquestra Pontevedra na praza Maior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS