domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeOito establecementos tudenses participan nas Xornadas Gastronómicas Sefardís

Oito establecementos tudenses participan nas Xornadas Gastronómicas Sefardís

Pódense degustar os venres e sábados de setembro a un prezo de 2€

Esta semana comezan as Xornadas Gastronómicas Sefardís que se celebrarán os venres e sábados deste mes de setembro dentro das actividades programadas polo Concello de Tui para o “Setembro xudeu”. Estas Xornadas Gastronómicas Sefardís innovan este ano coa oferta da “Ruta de tapas de bacallau” na que participan oito establecementos de hostalaría da nosa cidade cunha oferta variada para degustar.


Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecementos:
Vello Cabalo Furado (Seixas, 2) Boliños de bacallau con alioli
Taperia O Albergue (Seixas, 6) Pan bao recheo de bacallau encebolado
Cafeteria Entrehoras (Compostela, 6) Garavanzos con bacallau
Parador de Tui (Avenida de Portugal, s/n) Cañita rechea de brandada de
bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
Ideas Peregrinas (Porta da Pía, 1) Baguel de pan de semillas, bacallau
afumado e pemento do piquillo
Cociñarte (Martínez Padín, 8) Gratén de bacallau
Santiamen (Cantón de Diomedes, 1) Bacallau á brasa sobre cama de
broa de milho
Puro Sabor (Ourense, 3) Empanadilla de bacallau


As tapas ofértanse a un prezo de 2,00 euros nos oito establecementos todos os venres e sábados do mes de setembro. O Concello ten editado un “pasaporte” que todas as persoas interesadas en degustar estas tapas poden ir selando nos diversos establecementos. Entre todas as persoas participantes que entreguen o pasaporte na Oficina Municipal de Turismo até o 10 de outubro con cando menos cinco selos sortearanse diversos agasallos.


Para a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, esta proposta gastronómica amplía a oferta de actividades que organiza o Concello de Tui ao redor da celebración do “Setembro xudeu” e expresa a creatividade dos establecementos de hostalaría tudenses que participan nesta “ruta de tapas de bacallau” que confía resulte exitosa e que en novas edicións conte cunha participación máis ampla.


A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa “Rutas do patrimonio xudeu” que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS