domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísO Instituto Xeográfico Nacional actualiza o mapa da provincia de Pontevedra

O Instituto Xeográfico Nacional actualiza o mapa da provincia de Pontevedra

O novo mapa oficial pódese atopar tanto en formato físico como online

A provincia de Pontevedra dispón dun novo mapa oficial, editado polo Instituto Xeográfico Nacional, que recolle as últimas novidades. Os principais cambios están relacionados coas infraestruturas e núcleos de poboación, para así axustarse aos cambios no territorio.

A versión actualizada, tras presentala ao subdelegado do Goberno, Abel Losada, xa está dispoñible tanto en formato papel como para a súa descarga online.

O responsable do IGN en Galicia, Pablo Carballo, e a xefa da área de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairós, explicaron a Losada que periodicamente prodúcese unha actualización do mapa oficial, que, á súa vez, serve de base para a elaboración doutros mapas, tanto especializados como de uso comercial.

“A cartografía é un proceso que, contrariamente ao que se poida pensar, é moi dinámico e require de axustes permanentes”, afirmou o subdelegado do Goberno.

O mapa actualizado da provincia de Pontevedra pódese descarga de maneira gratuita e en formato PDF na web do Centro Nacional de Información Xeográfica, onde tamén poden consultarse mapas en formato imaxe, vectorial e datos topográficos do territorio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS