jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaTrinta mozos de Mos practican surf en Patos

Trinta mozos de Mos practican surf en Patos

Participaron nas Xornadas Multiaventura organizadas polo Concello ao longo dunha semana

A alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira Julia Loureiro visitaron aos 30 mozos e mozas que participaron na actividade que se levou a cabo en horario matinal, facilitando así aos pais a conciliación familiar.
Xornadas Multiaventura, é unha actividade lúdica – deportiva coa que Concellería de Educación busca alternativas de ocio e tempo libre con carácter lúdico, participativo e igualitario, e coa que se pretende que os mozos e mozas aprendan divertíndose nunha actividade deportiva saudable e divertida, gozando no entorno natural
A diversión durante este días non só viu da man do surf. Os mozos e mozas coñeceron a práctica doutros deportes acuáticos, como o padelSurf ou o kaiak, actividades de relaxación como o ioga, e realizaron rutas de sendeirismo onde aprenderon máis sobre as especies de flora e fauna que nos rodean, así como actividades de conservación do medio ambiente, facendo fincapé na importancia de manter a nosa natureza limpa e aprendendo o que tardan en desfacerse os residuos que as veces deixamos nas praias e montes.
Unha experiencia única que se levou a cabo coa colaboración da Escola de Surf PradoSurf, que facilitou que nosos mozos desfrutaran nunha contorna incomparable dunhas actividades participativas e igualitarias que favorecen o seu desenvolvemento social e persoal

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS