viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeNigrán abre as inscripcións para participar na carreira "XIII Nigrán Area"

Nigrán abre as inscripcións para participar na carreira «XIII Nigrán Area»

O prazo para participar nesta tradicional carreira pola ribeira de Panxón e Praia América está aberto ata o 17 de setembro ás 23:59 horas

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran o sábado 21 de setembro a décimo tercera edición da ‘Nigrán Area’. Un evento deportivo que percorrerá a ribeira de Panxón e Praia Améirca.

Trátase dunha carreira popular de atletismo pola praia que se levaba realizando en agosto, mais este ano como novidade, decidiuse trasladar a setembro porque a única marea baixa matinar de agosto coincidía con outra proba importante na comarca.

As persoas que estén interesadas en participar nesra proba teñen o prazo de inscrición xa aberto na páxina web de Carreiras Galegas ata o 17 de setembro ás 23:59 horas.

Unha carreira para todas as idades

O evento deportivo arrancará ás 11:00 horas dende Panxón e poderán participar todas as idades. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo.

Desta forma, na categoría sub-16 percorrerán 2 quilómetros, na sub-14 farán 1.500 metros, os sub-12 un quilómetro, os sub-10 percorrerán 500 metros, os sub-8 farán 300 metros e os máis pequenos farán 100 metros.

Por outro lado, o percorrido para a proba absoluta son 6 quilómetros do areal de Panxón-Praia América cando a marea está baixa.

Os dorsais serán entregados polo club organizador o día anterior á proba, que será o 20 de setembro, no Pavillón Municipal de Panxón en horario de 16:30 a 20:30 horas. Tamén poderán recollerse o mesmo día da proba na propia praia de Panxón, a partir das 09:00 horas da mañá ata media hora antes do comezo das probas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS