Dentro da programación destacan a música, o deporte e a animación para os máis pequenos
As Festas do Cristo do Porriño xa deron comezo este domingo coa carreira ciclista “A Nocturna 2024”, onde Miguel Pérez e Natalie Revelo foron os gañadores da competición.
Este evento supón o arranque para un mes repleto de actividades para todos os públicos e que rematarán o 29 de setembro coa tradicional Festa dos Callos e a final do concurso “Tes Talento?”.
A semana pasada, dábase a coñecer a encargada de dar o pregón das Festas do Cristo deste ano. Juana da Cruz “Juaniña” será a encargada de dar o pistoletazo de saída ás festas da localidade louriñesa dende o balcón da Casa Consistorial e que ademais, coincide co seu cen aniversario.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, explicou que “este é un ano de celebración e no Porriño gústanos compartir, gústanos vivir o noso pobo e festexar xuntos».
Actividades da semana do 2 ao 8 de setembro:
- Do 2 ao 15 de setembro, Torneo de padel Festas do Cristo.
- Xoves, 5 de setembro, monólogo de Oswaldo Digón co seu show «Outra movida!». Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir dás 20:30 horas.
- 1º fin de semana de setembro (do 6 ao 8):
- Dos 6 ao 8, Liga Nacional de Graffiti na Rúa Leandro Diz.
- Días 6 e 7, «Merca na Rúa. Feira de Oportunidades». En horario de 10:00 a 21:00 horas na rúa peonil.
- Días 7 e 8, exhibición de aeromodelismo na pista de aeromodelismo de Pontellas.
- Días 7, 14 e 21, Atios CUP de Fútbol no campo de fútbol do Carballo.
- Sábado, 7 de setembro. «XVII Dirt-track Xacob Agra. Carreira nocturna». Velódromo Municipal do Porriño dende as 21:00 horas
- Domingo, 8 de setembro. Festas do Monte da Risca. Monte da Risca a partir dás 11:30 horas.
- Domingo, 8 de setembro. Encontro de gaiteiros e cantareiras das asociacións culturais e veciñais. Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 12:00 horas.
O resto da programación pódese consultar na web de ÉCULTURA.