jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeA piscina municipal do Porriño retoma a súa actividade o luns

A piscina municipal do Porriño retoma a súa actividade o luns

As actividades tamén comezarán o día 2 en horario habitual

A piscina municipal reabre a súas portas o vindeiro luns día 2 de setembro no seu horario habitual.

As actividades programadas da piscina son as habituais: cursos de natación para bebés, cativos e adultos e aquagym, ademais do baño libre. Os socios poden utilizar libremente a sala de cardio situada no primeiro andar. Tamén se ofertan clases de pilates e ximnasia de mantemento.

En relacións as clases de ximnasia de mantemento e aos cursos de natación e aquagym retoman a actividade o mesmo día 2 e por outro lado, as clases de pilates, o día 3.

Os nenos e os bebés que asistiron durante o mes de xuño a curso, salvo que se desen de baixa por escrito con anterioridade ao 25 de agosto, teñen reservada a súa praza os mesmos días e horas que tiñan en xuño.

Xa está aberto o prazo de matrícula para aqueles cursos nos que haia prazas libres.
Os horarios da piscina, as actividades e as tarifas poden consultarse directamente na web da piscina municipal do Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS