viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO BNG de Gondomar denuncia a necesidade do servizo de comedor no...

O BNG de Gondomar denuncia a necesidade do servizo de comedor no CRA Antía Cal

Un servizo que dende o partido sinalan como «unha ferramenta imprescindible para a conciliación»

O BNG de Gondomar denuncia que, «un ano máis, Xunta e Concello deixan sen comedor ás crianzas do CRA Antía Cal». Dende a formación sinalan a falta do servizo nun colexio rural como é o caso do CRA Antía Cal.

As portas da aula de Peitieiros contan cunha faixa onde se pode ler “O comedor do CRA, para cando?”. Unha pregunta que se fan as familias do alumnado de infantil do colexio rural.

O partido traslada este malestar, «outro ano máis, se vai ver discriminado», xa que outros colexios da localidade sí contan con este servizo como son os CEIPs de Gondomar, Vincios ou Donas.

O Bloque Nacionalista Galego sinalaba que, por un lado, hai dous anos, o goberno local do PSOE decidiu abandonar a xestión dos comedores escolares e foi asumida pola Xunta que é a administración a quen lle corresponde. Dende a Xunta, segundo explican dende o BNG gondomareño, «o goberno galego do PP decidiu prohibirlles ás familias do CRA de Peitieiros usar o servizo de comedor existente no CEP Xosé Neira Vilas da mesma parroquia, un servizo ao que si tiñan acceso en anos anteriores».

En relación a isto, o grupo nacionalista remarcaba outro momento no que esta cuestión foi tema de debate. Concretamente, en abril de 2023 en plena pre-campaña das municipais, o alcalde do Concello de Gondomar, Paco Ferreira, declarou que ía converter a vivenda anexa á aula do CRA en Peitieiros en comedor escolar para o curso seguinte.

“Estamos no inicio dun novo curso sen servizo de comedor para o colexio rural agrupado. Máis unha vez, Xunta e Concello deixan tiradas as familias”, criticaba a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez, e sinalaba de que se trata «dunha ferramenta imprescindible para a conciliación».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS