viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA provincia de Pontevedra recibiu en xullo o 40% dos visitantes que...

A provincia de Pontevedra recibiu en xullo o 40% dos visitantes que viñeron a Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, afirma que, segundo o INE, a ocupación foi un 2,2% superior á de xullo do 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, debullou en conferencia de prensa algúns dos datos pechados de turismo correspondentes ao mes de xullo. Trátase de información facilitada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que reflicte que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo deste ano preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia.

“Dito doutro xeito, dous de cada cinco visitantes que se achegaron á nosa comunidade viñeron a Pontevedra a vivir e gozar das experiencias 100% Rías Baixas”, remarcou Luis López.

O presidente provincial tamén detallou que o 74% dos turistas residían en España fronte ao 26% de estranxeiros que viñeron en xullo. Ademais subliñou que, segundo o INE, o mes de xullo tivo unha ocupación superior ao mesmo período do 2023, cun 2,2% de incremento.

“Entendemos que en agosto seguirase a mesma liña ou mesmo os resultados serán superiores, pero temos que esperar a finais de setembro para coñecer os datos definitivos que nos remite o INE” remarcou López.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS