sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas coloca novas sinalizacións para as fontes públicas

Ponteareas coloca novas sinalizacións para as fontes públicas

A colocación tivo lugar a primeira hora da mañá e ás poucas horas unha das fontes xa sufrira accións vandálicas coa retirada do cartel

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ponteareas, que dirixe Raquel Bautista, informou que dende primeira hora da mañá se procedeu a colocar a nova sinalización das fontes públicas. Adianta a concelleira que lamentablemente ás poucas horas unha das fontes xa sufrira accións vandálicas coa retirada do cartel que informa que esa auga non é apta para o consumo humano. Raquel Bautista concreta que ás 09:15 horas desta mañá se colocou a sinalización de “non potable” na fonte ao pé da N-120 á altura de Santiago de Oliveira e poucas horas despois xa desaparecera.

A concelleira tilda estes actos de “moi graves” ao xogar coa saúde das persoas ademais de provocar un gasto innecesario de produción e reiterada colocación de nova sinalización pagada con cartos públicos de todas e todos. Raquel Bautista apela á colaboración cidadá na denuncia de actos vandálicos que destrúan bens públicos e adianta que a Policía Local investigará ata atopar coa persoa responsable.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS