jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda acolle mañá o novo festival "Follow the River"

A Guarda acolle mañá o novo festival «Follow the River»

O cartel está composto por un total de cinco Dj´s

A recta final do verano chega e con ela as últimas festas desta época. Mais se algo hai que destacar e o gran número de festivais que se foron celebrando na comunidade e en especial na provincia de Pontevedra.

Por mencionar algúns exemplos, pódense citar entre os máis recentes o Festival da Poesía no Condado, o Chandefolk, o Festival Groba, o BailoTea, entre outros.

Por iso, para despedir o mes de agosto, o concello da Guarda celebrará mañá o festival gratuíto «Follow the River«. A partir das 23:00 horas, o Estadio de Santa Trega recibirá a os cinco DJ´s que poñerán os mellores temas da música actual. Un evento gratuito onde actuarán:

  • Albert González é o cabeza de cartel desta primeira edición. Nas súas redes sociais conta con miles de seguidores e tan só neste 2024 estivo en salas de Madrid, Granada, Londres, Ámsterdam, Bruselas ou en festivais como o Reggaeton Beach Festival.
  • Groove Amigos, o DJ porriñés tamén conta con miles de seguidores nas súas redes e unha ampla experiencia en festivais de toda Europa.
  • Adrián Gold vén de tocar no festival coruñés Recorda Fest e de recorrer salas de toda España.

Completarán os artistas Saúl Déér e DMIRON que veñen dende Coruña e Lugo ata a localidade do Baixo Miño para despedir da mellor forma agosto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS