viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira

A Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co presidente da Fundación RIA, David Chipperfiel, informou hoxe desta actuación na estrada AC-305

A Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de Ribeira, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfiel, informou hoxe sobre esta actuación, cuxa contratación recolle hoxe a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

Tal e como subliñou María M. Martínez, trátase de transformar o treito urbano da estrada autonómica AC-305 que discorre por Palmeira nunha rúa, “adaptándoo aos diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano”. A conselleira lembrou que se trata do proxecto redactado a partir dunha proposta deseñada polo fundación RIA, que despois o departamento que dirixe desenvolveu a nivel construtivo, para adaptar o espazo público da estrada AC-305, que discorre polo núcleo urbano de Palmeira, e que ten unha lonxitude de algo mais dun quilómetro.

Martínez Allegue indicou que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 24 de setembro. As obras contan cun prazo de execución de 15 meses. Precisou que o proxecto que se licita hoxe, e que se acometerá no treito da AC-305 situado entre os puntos quilométricos 35+400 e 36+500, contempla novas beirarrúas, unha nova parada de autobús e nova iluminación. A conselleira puxo en valor como o conxunto de actuacións proxectadas permitirán crear “un espazo mais humano e mais seguro para os peóns”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS