viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal saca a licitación o quiosco situado nos muíños do Folón...

O Rosal saca a licitación o quiosco situado nos muíños do Folón e do Picón

Un quiosco permanente na área de recepción dunha contorna natural de gran valor patrimonial na comarca do Baixo Miño

Historia e natureza danse a man no Rosal. Dende o Concello acaban de sacar a licitación o quiosco permanente situado na área de recepción dos muíños do Folón e do Picón e destacan que é «unha oportunidade de emprendemento no municipio».

Con esta iniciativa, o Goberno municipal busca continuar dotando de servizos a esta área, complementando o desfrute tanto de visitantes como da propia veciñanza.

Como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández, “a posta en valor dos muíños é unha prioridade e coa licitación da explotación deste quiosco non só buscamos ofrecer un servizo de calidade, senón tamén seguir promovendo o noso patrimonio como motor de desenvolvemento local».

As propostas recibiranse ata o 10 de setembro

A licitación inclúe a explotación e mantemento do propio quiosco, así como dos aseos públicos e da pérgola que conforma a terraza, un espazo que permite a perfecta integración entre o quiosco e a contorna natural.

A persoa concesionaria terá a posibilidade de ofrecer bebidas e comidas lixeiras ou refrixerios e poderá adaptar as instalacións a propostas complementarias previa solicitude e aprobación do Concello.

O período de concesión terá unha duración de catro anos con posibilidade de prórroga por outros catro anos máis, cun canon anual de saída de 1.038,39 euros que pode ser mellorado á alza polas persoas licitadoras.

As e os interesados poderán presentar as súas propostas ata as 14.00 horas do vindeiro 10 de setembro no Rexistro Xeral do Concello do Rosal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS