Dende 1989, a vila de Ribadavia, na provincia de Ourense, celebra a xa tradicional Festa da Istoria. Unha cita declarada no ano 1997 como Festa de Interese Turístico Nacional, converténdose en todo un referente a nivel nacional.
Este 2024 volve ao Concello de Ribadavia cunha programación chea de actividades para todos os públicos e sobre todo, cun gran esforzo de organización para que a vila poida desfrutar dos mellores espectáculos e recreacións.
Dende o venres, 30 de agosto, ata o domingo, 1 de septembro, as rúas de Ribadavia e os seus veciños e veciñas voltarán á Idade Media. Durante as tres xornadas haberá diferentes propostas ao longo de toda a localidade, podes consultar a programación completa na páxina web da Festa da Istoria ou a continuación.
Programación Festa da Istoria 2024
Venres, 30 de agosto
- 18:00 horas, apertura do mercado medieval e apertura das portas do castelo.
- 20:30 horas, concerto de música medieval co Coro da Istoria. Igrexa de Santiago.
- 21:30 horas, Pandeiretas da Istoria. Praza da Madalena.
- 22:30 horas, teatro «O Malsin». Auditorio do Castelo.
- 00:00, concerto de Budiño. Alameda.
Sábado, 31 de agosto
- 10:30 horas, apertura do mercado medieval e apertura do banco da alhóndiga.
- 11:00 horas, gran desfile da istoria. Dende a rúa Baixada ao Consello ata o Castelo.
- 11:45 horas, lectura do pregón onde se nomearán aos notables da istoria. Fachada do Castelo.
- 12:30 horas, baile medieval de donas con cabaleiros da istoria. Praza Maior.
- 13:00 horas, xadrez vivente. Auditorio de Castelo.
- 14:00 horas, saída da comitiva nupcial e voda xudia. Dende o Patio do Museo Etnolóxico ata a Igrexa da Oliveira.
- 19:30 horas, torneo medieval cun grupo de especialistas en hípica celta.
- 22:00 horas, espectáculo de acrobacias e lume. Auditorio do Castelo.
Domingo, 1 de setembro
- 12:00 a 22:00 horas. Durante todo o día haberá música, animación e teatro.