jueves, septiembre 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAventura polo baixo Miño, unha oportunidade para coñecer Galicia e o seu...

Aventura polo baixo Miño, unha oportunidade para coñecer Galicia e o seu patrimonio

Esta proposta é unha das novidades deste ano do programa ‘Coñece Galicia’ que vai pola súa quinta edición no marco da campaña de verán da Xunta para a mocidade

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou esta mañá ao minicampamento da Xunta que se está a celebrar na localidade pontevedresa de Tomiño. Neste encontro, López destacou a gran opción que supón este tipo de actividades “para coñecer Galicia e o seu patrimonio, ofrecendo á mocidade a oportunidade de vivir e gozar de experiencias en distintas contornas naturais e culturais da nosa xeografía”.

Así, López Campos acompañou nesta xornada, xunto coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, aos 20 nenos e nenas de entre 9 e 14 anos que están a participar na
segunda quenda, xa que a primeira tivo lugar do 1 ao 5 de xullo, da actividade Aventura polo baixo Miño. Este proxecto é unha das novidades deste ano do programa Coñece Galicia da campaña de verán do Goberno galego.

Tal e como lembrou o representante da Administración autonómica, trátase dunha modalidade de campamentos que teñen a súa base en aloxamentos turísticos como é o caso do Hotel Nueva Colina de Tomiño, con estadías de luns a venres. “Desde estas ubicacións a rapazada goza de propostas lúdico formativas”, sinalou, “que teñen que ver coa educación ambiental e o ocio saudable”. Deste xeito, engadiu o conselleiro de Cultura, “adquiren novos coñecementos sobre a riqueza patrimonial, cultural e etnográfica da Comunidade, promovendo o seu respecto e a súa posta en valor”.

Neste senso, ata o vindeiro venres, os participantes deste minicampamento están a gozar de accións multiaventura como rutas ambientais polos muíños do Folón e do Picón, visitas ao monte de Santa Tegra, propostas no río da Pedra, xogos con patíns ou tiro con arco, así como actividades de praia como kaiak ou paddle surf e outras centradas no eido artístico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS