lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaO persoal das ITV galegas acorda convocar folga para o vindeiro venres

O persoal das ITV galegas acorda convocar folga para o vindeiro venres

Desde a Confederación Intersindical Galega confirma que os traballadores denuncian que a falta de contacto, tanto por parte da Xunta como da empresa

O persoal das ITV galegas acordaba en asamblea onte convocar unha xornada de folga, tanto nas estacións fixas como nas móbiles, para o venres día 6 de setembro. Coincidindo co paro teñen prevista unha concentración, ás 11:30 horas, diante da Xunta de Galicia.

Como informa a Confederación Intersindical Galega, os traballadores denuncia que non houbo contacto algún nin coa Xunta, nin coa concesionaria SyC Applus desde que iniciaron as protestas. Lembran que esta empresa ten a concesión das estacións galegas da Inspección Técnica de Vehículos desde o ano 1987. Denuncian que malia terlle demandado en varias ocasións o prego de condicións para coñecer exactamente os termos das mesmas, nin a administración pública galega, nin a empresa os facilita. Por iso levarán as súas protestas ao edificio administrativo de San Caetano.

As xornadas de folga convocadas até o de agora, a última o pasado sábado, foron secundadas de forma masiva polo persoal o que obrigou a pechar as instalacións dos servizos de inspección en toda Galicia. Por iso reclaman que empresa e Xunta reaccionen xa que, logo de máis de 13 xuntanzas para a negociación do convenio colectivo, non houbo ningún tipo de achegamento. Por iso advirten que, de continuar sen contacto nin avance algún, non descartan endurecer as súas posicións e mesmo convocar folga indefinida.

Os traballadores e traballadoras das ITV, que son un servizo público dependente da Xunta de Galiza aseguran que xa rebaixaron as súas pretensións para tratar de achegar posturas e facilitar o proceso de negociación. Un paso fronte o que a empresa permaneceu “inmóbil”, sen apenas variar a súa proposta inicial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS