viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Garda Civil de Tui investiga a un veciño de Salvaterra tras...

A Garda Civil de Tui investiga a un veciño de Salvaterra tras atoparlle 15 plantas de marihuana

A plantación atópabase nunha finca entre o millo

A Garda Civil de Tui investiga o caso dunha persona que podería ser acusado dun delito contra a saúde pública por cultivo de droga. Os corpos de seguridade interviñeron un total de 15 plantas de cannabis e case 630 gramos de cogollos secos.

Tras a investigación do caso, no que se sospeitaba da existencia dunha plantación de marihuana en Salvaterra do Miño, o pasado 22 de agosto, o EBIO da compañía da Garda Civil de Tui iniciaron un servizo xunto co Equipo PEGASO da Comandacia para comprobar os feitos.

Dende un dron, conseguiron observar nunha finca de millo o que parecía ser plantas de marihuana. Tras iso, procederon a localizar ao propietario, que resultou ser un veciño de Salvaterra duns 55 ano e que facilitou o acceso á finca.

Unha vez no interior, os axentes atopáronse con 15 plantas de diversos tamaños e procederon ao seu estudo. Ademais, o investigado fixo entrega de maneira voluntaria dunha caixa con cogollos secos e catro paquetes dun peso de case 630 gramos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS