martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaRematas as obras de reforma na Praza de Abastos de Salceda

Rematas as obras de reforma na Praza de Abastos de Salceda

Acondicionáronse cuartos de aseo accesibles, espazo de uso común e reposición da cuberta

O proxecto conta cun orzamento de 75.625 euros dos cales 50.000 están subvencionados pola Xunta de Galicia a través do AGADER, e os 25.625 euros restantes pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021.

Fontes municipais explican que o proxecto inclúe a instalación de dous aseos accesibles, que darán servizo a todo o edificio, xa que os existentes estaban vinculados a un dos locais existentes. Para iso abriuse un novo espazo de uso común, cun distribuidor que da acceso aos novos servizos, para o cal se derribou unha pequena parte do edificio que estaba en desuso.

Ademais fíxose unha mellora da sinalización dos postos existentes, mediante uns paneis, incluíndo a sinalización de incendios e a indicación de aseos.

A actuación contemplou ademais a impermeabilización da cuberta sobre as zonas das cámaras mellorando tamén este espazo.

Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área, sinala que “con estas obras continuamos poñendo en valor a nosa praza de abastos, destacando o potencial que ten como centro de comercialización de produtos frescos e de proximidade

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS