Esta cita dará comezo ás 16:00 horas e reunirá a 160 participantes
Este sábado, 24 de agosto, O Rosal celebrará sobre rodas a XXXII edición do Trofeo Pista das Faias. Esta competición está organizada polo Club Ciclista do Rosal xunto o apoio do Concello e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xoán de Tabagón.
Un total de 160 ciclistas dividiranse entres as diferentes categorías como: promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e Junior femenina.
En canto as probas que se desenvolverán, os máis pequenos realizarán un circuito de xincana e os maiores, pola súa parte, competirán en pista.
Cabe destacar tamén que esta será unha proba pouco habitual dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo ó desputarse nas categorías Infantil, Cadete e Junior (tanto masculino como femenino) tandas de Eliminación Americana.
Esta iniciativa, que se consolida unha vez máis como un evento de referencia no ciclismo galego, “é posible realizala grazas á implicación dende fai anos do Club Ciclista O Rosal no ámbito deportivo, inculcando dende pequenos o esforzo e a paixón polo deporte das dúas rodas”, tal e como coinciden a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández e o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez.