jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasA senda fluvial do río Tea contará con melloras para a súa...

A senda fluvial do río Tea contará con melloras para a súa conservación e a paisaxe

Luis López anuncia un investimento da Deputación de 200.000 euros para restaurar a senda do río Tea en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar na súa Xunta de Goberno un convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para destinar preto de 200.000 euros ás obras de restauración da senda fluvial do río Tea. O presidente provincial, Luis López, explicou que se trata dun proxecto enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado Paradanta. Unha terra entre ríos, un proxecto financiado con fondos europeos Next Generation e que ten un orzamento total de 1,5 millóns de euros.

En concreto, estes traballos desenvolveranse “só nos tramos de senda que sexa necesario, co obxectivo de mellorar a súa conservación e a paisaxe, pero cunha intervención mínima para respectar o hábitat da zona”, sinalou Luis López. Procederase a reparar o pavimento da senda, limpar escombros e repoñer vexetación, reforzar a marxe do río a través da construción de muros biodegradables, renovar a sinalización, reconstruír unha ponte de madeira e limpar a construción do merendeiro da Freixa coñecida como a “Casa da Luz”.

“Queremos que todos os recunchos desta provincia estean perfectamente preparados para que tanto os pontevedreses como os visitantes poidan desfrutar do seu tempo de lecer”, asegurou o presidente provincial. Por esta razón, continuou Luis López, “realizamos investimentos como este porque somos moi conscientes da importancia do sector turístico a través do cal a nosa provincia ofrece moitas experiencias 100% Rías Baixas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS