viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA terraA Xunta aporta 84.000 euros para restaurar a fachada da Catedral de...

A Xunta aporta 84.000 euros para restaurar a fachada da Catedral de San Martiño

O Goberno galego investiu case 2,7 millóns de euros neste monumento dende o 2015

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, visitaron esta mañá a catedral de San Martiño de Ourense, para anunciar a recente licitación das obras de terminación das actuacións de restauración da fachada occidental por un importe de case 84.000 euros.

Manuel Pardo sinalou que esta actuación culminará as obras de mellora na conservación de diversas zonas do conxunto catedralicio, como a resolución dalgunhas das patoloxías prioritarias do templo como os problemas de humidade e a instalación dun nova iluminación para mellorar a contemplación do Pórtico do Paraíso.

“As catedrais xogan un papel fundamental no desenvolvemento do territorio no que se atopan e a catedral de San Martiño non é unha excepción”.

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense

A solución das patoloxías da edificación, prioridade nesta nova actuación

As actuacións previstas están dirixidas a resolver de maneira definitiva as patoloxías das
terrazas norte e sur, tras a fachada oeste; o peche de óculos e pequenos rosetóns de rúas
laterais; a colocación de proteccións de zinc en cornixas; a colocación de iluminación do
Pórtico do Paraíso, e incluso a ordenación do cableado.

O Goberno galego leva, dende 2015, traballando na mellora deste Ben de Interese Cultural no que leva investidos preto de 2,7 millóns con actuacións como as feitas na rexería, púlpitos e sancristía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS