lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaO Festival de la Luz como iniciativa dinamizadora do turismo rural galego

O Festival de la Luz como iniciativa dinamizadora do turismo rural galego

O director de Turismo de Galicia participou este mediodía na presentación da nova edición deste certame, en Boimorto, que dará comezo mañá

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este mediodía en Boimorto na presentación da nova edición do Festival de la Luz, que comezará mañá neste municipio do interior da Coruña. Impulsado por Luz Casal en 2012, o certame foise convertendo ao longo dos anos nunha plataforma que promove actuacións musicais de artistas consagrados e emerxentes, cunha forte pegada solidaria e benéfica xa que destina fondos para favorecer a acción de diferentes ONG. Durante a presentación, Merelles apuntou a que a Xunta apoia este festival no marco da súa estratexia por dinamizar o segmento do turismo rural galego, que medrou nun 6% o número de viaxeiros durante a primeira metade do ano.

Na presentación do festival aos medios de comunicación, interveu a propia Luz Casal, xunto a representantes doutros organismos e entidades patrocinadoras, entre eles a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo. En concreto, o apoio que Turismo de Galicia ofrece a iniciativa “casa moi ben coa aposta que vimos realizando desde o Goberno galego por desconcentrar os fluxos turísticos e favorecer que se visiten tamén os municipios do interior galego”. “Porque todos e cada un deles teñen moito que ensinar aos visitantes”, sinalou o director.

Ademais, o certame respáldase dentro das políticas de apoio a grandes eventos musicais que promove o Goberno galego ao consideralos elementos clave para impulsar as economías locais, contribuíndo ao obxectivo da desestacionalización e, tamén, ao da desconcentración dos fluxos turísticos, posto que se apoian diferentes certames, ciclos musicais e concertos ao longo de todo o ano programados en moi diversos puntos da xeografía galega.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS