viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeFinalizadas as obras na estrada que une Gondomar co Porriño

Finalizadas as obras na estrada que une Gondomar co Porriño

Nas dúas fases a Deputación dedicou arredor de 1,1 millóns de euros para a transformación total da estrada provincial

A Deputación de Pontevedra acaba de rematar as obras de transformación da estrada provincial que une os concellos de Gondomar e O Porriño.

A deputada provincial de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, visitou esta mañá o remate da segunda fase dos traballos acometidos na EP-2403, Mosende-Morgadáns. Durante a súa visita estivo acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.

A obras realizadas tiveron un orzamento próximo aos 600.000 euros asumidos por completo pola institución provincial. A través deste investimento, puidose levar a cabo unha actuación de 5,5 quilómetros nesta vía.

As obras consistiron principalmente na reparación do firme da estrada para mellorar a capacidade portante do firme e mais as súas características superficiais. Executouse un saneamento profundo da vía, así como o fresado da calzada, a reposición do firme e a súa regularización e reforzo.

Por outro lado, procedeuse á mellora da drenaxe e á instalación de nova sinalización, unha barreira metálica e tamén sistemas de contención de vehículos para salvagardar a debida prestación do servizo público e mellorar as condicións de seguridade da vía.

Esta segunda fase, que afectou o tramo correspondente ao concello de Gondomar, únese aos traballos executados anteriormente no primeiro tramo da estrada, no termo municipal do Porriño e nos que se incluíu tamén a EP-2404 de acceso a Chenlo.

En total, nas dúas fases a Deputación dedicou arredor de 1,1 millóns de euros para a transformación total da estrada provincial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS