martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaInciados os trámites para a construción dun centro social en Torroso

Inciados os trámites para a construción dun centro social en Torroso

A Comunidade de Montes de Torroso traballa xa para que o Centro Social destinado ás persoas maiores sexa unha realidade

A Comunidade de Montes de Torroso traballa xa para que o Centro Social destinado ás persoas maiores sexa unha realidade; gran noticia para Torroso e para Mos.
O proxecto, que dará cabida a 40 usuarios, está localizado no barrio de Outeiro, ao carón do Centro Dotacional, edificio que alberga tamén o conservatorio de música.
A nova obra consiste na construción dun edificio diáfano, cerrado cara a estrada, aberto e acristalado cara ao parque forestal Poulo-Regueiro e cara a parcela da Comunidade de Montes, parcela que se urbanizará seguindo o criterio do parque.
Continuando cas sendas de xabre, arborado e axardinamento.
O Centro social desenvolverase nunha planta, así o edificio integrarase naturalmente no parque, podendo utilizar os maiores estes espazos abertos como complementarios ao uso do centro de día.

Aprobadas as bonificacións do ICIO

O pleno do Concello de Mos vén de aprobar as bonificacións do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras ) para dúas obras por un total de 103.757 euros. Foi posible grazas aos votos favorables do goberno do Partido Popular e dos concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román García. Pola contra, Grupo Socialista, Gañamos e BNG mostraron as súas abstencións en ambos puntos da orde do día.

Por unha banda, aprobouse a bonificación do 95 por cento (20.098 euros) a favor da construción anteriormente citada da Comunidade de Montes de Torroso, “por tratarse dunha obra declarada de especial interese municipal por concorrer circunstancias sociais”. E, por outra, tamén se aprobou no pleno ordinario celebrado este luns no Pazo de Mos, a bonificación do 95 por cento (83.659 euros) a favor de Cogami Reciclado de GAlicia, S. L. (COREGAL) para a implantación dunha nova planta de xestión de residuos non perigosos (almacenamento, tratamento e valorización) no Parque Empresarial de Mos A Veigadaña, con obxecto social de dar e manter emprego a persoas con discapacidade. Segundo apuntan fontes municipais, “ao igual que a obra de Torroso, esta é tamén de interese social e de fomento do emprego, xa que ademais serán beneficiarios, nun primeiro termo, os empregados con discapacidade que traballan no actual centro e nun futuro as persoas con discapacidade que accedan a un traballo neste novo centro”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS