O Museo de Estrela Galicia propón unha experiencia única en España, que aúna natureza, gastronomía e cultura de cervexa, para poñer o broche de ouro ao verán. Nas próximas fins de semana terán lugar as últimas saídas do ano para gozar do Ecotour Cervecero, un roteiro que percorre unha das zonas naturais con maior biodiversidade de Galicia e que permite descubrir a orixe das principais materias primas coas que se elabora a cervexa Estrela Galicia. Esta experiencia está impulsada por MEGA e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Esta proposta inclúe tamén a degustación dun Menú da Biosfera, elaborado con produtos de proximidade; así como a visita ao único recinto museístico de España dedicado á cultura da cervexa: MEGA. O percorrido comeza cunha visita guiada ao Encoro de Cecebre, área protexida pola UNESCO e que pertence á Reserva da Biosfera. A súa auga é unha das principais materias primas das cervexas Estrela Galicia. Tras unha pausa para o café en Abegondo, con degustación de produtos locais, a visita continuará pola Leira Presedo. Nesta ubicación que dará a coñecer a historia da recuperación do cultivo do lúpulo nas comarcas do Eume, Betanzos e A Coruña, e na que Hijos de Rivera xogou un papel fundamental.
O roteiro ecolóxico avanzará ata chegar a Betanzos, no que o grupo (mínimo de 4 persoas ata un máximo de 16) poderá degustar un Menú da Biosfera, baseado en produtos autóctonos e de tempada, cuxo maridaxe constará de cervexas Estrela Galicia. Tras descubrir a relevancia das principais materias primas na elaboración da cervexa, o broche de ouro do Ecotour Cervecero chegará cunha experiencia inmersiva para apreciar, catar e aprender o máis relevante da cultura cervexeira: unha visita guiada con tiraje nas instalacións de MEGA. A partir do próximo 30 de agosto e ata o 15 de setembro terán lugar as últimas saídas do Ecotour Cervecero, que se despedirá ata a próxima tempada. O público pode adquirir as súas entradas a través da web oficial www.mundoestrellagalicia.es.