lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísOurenseA alcaldesa recibe ás xogadoras do Ribadavia Atlético Femenino

A alcaldesa recibe ás xogadoras do Ribadavia Atlético Femenino

A alcaldesa, Noelia Rodríguez, recibe no concello ás xogadoras do Ribadavia «como o que son, unhas loitadoras».

Segundo apuntan dende o concello, «para nós é un orgullo a segunda clasificación e por iso quixemos recibilas como se merecen». Refírense á final da División Local Galicia Sénior Femenina, que tivo lugar no pabellón dos Remedios este domingo, na que o Atlético Ribadavia Feminino se enfrentou contra o Ourense Envialia C. O marcador final foi de 0-3.

O concello de Ribadavia incidiu en que «as barreiras no talento feminino son moitas» polo que «é importante facer un chamamento ás escolas e diferentes insituticóns deportivas e traballar en igualdade» para rachar cos estereotipos de xénero. Incide, a máis, en que «o deporte é importante e non debe estar determinado polo sexo dunha persoa.  

Por todos estes motivos, «quixemos apoiar a estas campionas na final da Liga 20-21 e recibilas como o que son,  unhas loitadoras que nas pistas nas que se enfrontan levan e defenden  o nome de Ribadavia». A rexedora explica, de igual xeito, que «a segunda clasificación é para nós un orgullo e por elo quixemos recibilas como se merecen».

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS