sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeMilladoiro celebrará os seus 45 anos na música no festival "Chandefolk"

Milladoiro celebrará os seus 45 anos na música no festival «Chandefolk»

O grupo ofreceu no 2020 un concerto emblemático en Chandebrito, agora regresan para conmemorar os seus anos de traxectoria

Milladoiro forma parte da historia da música golk galega e ten un vínculo moi especial co municipio de Nigrán. Non actúan na localidade dende o 2020, agora queren voltar a Nigrán para celebrar os 45 anos de música. O concerto terá lugar o sábado, 24 de agosto, no marco do festival «Chandefolk».

Fai catro anos ofreceron neste mesmo evento un concerto especial, xa que inauguraron un monumento na súa honra e participaron cada un dos compoñentes da banda na reforestación de 7.000 m² queimados nos incendios de 2017. Grazas a súa aportación, creouse nese espacio o coñecido «Bosque de Maeloc», un homenaxe aos 40 anos do seu primeiro disco.

Dise que todo o mundo volve ao lugar que o fixo feliz, por iso Milladoiro voltará á parroquia de Chandebrito, esta vez con Donicelas como teloneiras que abriran as actuacións ás 21:30 horas. Media hora despois, os asistentes subirán ata o escenario de Chan de Rapadouro.

Como é habitual, a entrada é de balde e será un concerto inclusivo, xa que haberá intérpretes de lingua de signos e o Concello disporá das súas mochilas vibratorias para todas aquelas persoas xordas que o soliciten previamente.

A colaboración é a clave para a celebración do festival

O «Chandefolk» organízase grazas á colaboración activa entre a Asociación de Veciños de Chandebrito, Comisión de Festas e Comunidade de Montes da parroquia e, a maiores, a Deputación a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’. Grazas precisamente a esta estreita colaboración, no recinto haberá una cantina con bebidas e comida.

“Milladoiro é historia da música tradicional galega e ten un vínculo especial con Nigrán porque durante máis de 20 anos Antón Seoane, un dos seus fundadores, elixiu a parroquia de Camos para vivir. Esa unión a materializamos eternamente no ano 2020 para homenaxear os 40 anos do seu primeiro disco, ‘A Galicia de Maeloc’, e agora a reforzamos para que repasen neste concerto toda a súa traxectoria”, explica o alcalde de Nigrán, Juan
González.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS