lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVigoUn motorista perde a vida nun accidente de tráfico en Redondela

Un motorista perde a vida nun accidente de tráfico en Redondela

Dúas persoas máis resultan feridas nun accidente de tráfico en Redondela.

Un motorista faleceu, esta tarde, despois de sufrir un accidente contra un vehículo, na localidade pontevedresa de Redondela. Na colisión, tamén resultaron feridas outras dúas persoas e unha delas necesitou ser excarcerada polos medios de intervención.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos a poucos minutos das 17:00 horas, cando varias testemuñas chamaron para solicitar axuda. As persoas afirmaban que acababan de chocar unha motocicleta e un turismo na estrada N-550, no punto quilométrico 141, e que os implicados estaban feridos, un deles atrapado dentro do vehículo.

Cos datos recolleitos, desde o CIAE-112 deuse aviso aos Bombeiros do Porriño, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional de Redondela e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061. Ademais, tamén se lle brindou a información aos Bombeiros de Vigo e aos membros de Protección Civil do municipio.

Despois de actuar no lugar, os servizos sanitarios comunicáronlle ao 112 que nada se puido facer por salvar a vida do condutor da motocicleta e que outras dúas persoas tiveron que ser trasladadas ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Unha delas, ademais, foi liberada do interior do coche accidentado pola dotación dos Bombeiros do Porriño.

Do sinistro, tamén foron informados os medios de mantemento de estradas e o Centro de Xestión de Tráfico co fin de restablecer o tránsito da vía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS