lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO SERGAS notifica 70 positivos vencellados ao macrogromo das Baleares

O SERGAS notifica 70 positivos vencellados ao macrogromo das Baleares

Ascende a 70 os casos positivos en COVID-19 en Galicia vencellados ao macrogromo do viaxe de estudantes ás Baleares.

Sanidade vén de comunicar que son xa 70 galegos e galegas os que deron positivo en COVID-19 e que están vecellados ao gromo da viaxe de estudantes de bacharelato ás Baleares. O SERGAS, segundo apunta, continúa recompilando datos a través dos diferentes cribados que está levando a cabo.

Este venres, a consellería de Sanidade anunciou que todos os alumnos e alumnas que viaxara a Baleares «considéranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles» e que, ata ese momento, o macrogromo afectaba a 11 centros da comunidade.

Dun xeito desagregado, e de acordo ás áreas sanitarias do sistema sanitario público galego, 4 dos casos positivos pertenencen á área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras; 48 a de Pontevedra-O Salnés; 10 da área de Lugo, Monforte e a Mariña; e 8 a área sanitaria de Vigo. Ademais, no conxunto da comunidade galega hai máis de 600 persoas corentenadas, vencelladas a este abrocho.

Até o momento, nas áreas sanitarias da Coruña-Cee, Santiago-A Barbanza e Ferrol non se detectaron novos casos vencellados a este gromo.

Cómpre salientar que o Servizo Galego de Saúde continuará a realizar probas diagnósticas entre as persoas que figuran inscritas nas listaxes facilitadas pola Consellería de Educación.

Sanidade solicita a máxima precaución e insiste no uso da máscara nos actos de graduación do estudantado, así como en todas aquelas situacións, onde non se poida garantir a distancia de seguridade de 1’5 metros.

A viaxe, que realizaron alumnos e alumnas do último curso de bacharelato, tivo lugar entre o 12 e o 18 de xuño. Alí, estudantado de diferentes comunidades autónomas, como Madrid, Murcia, Castela a Mancha ou Cataluña, coincidiron en diversas activides polo que o gromo afecta a nivel nacional. De feito, contabilízase preto de 700 casos confirmados.

Polo de agora, Sanidade confirma en Galicia 70 positivos en COVID-19 vecellados a este macrogromo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS