jueves, septiembre 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO campamento municipal do Rosal, un novo paso para a conciliación familiar

O campamento municipal do Rosal, un novo paso para a conciliación familiar

As instalacións do CPI Manuel Marquier están acoller aos máis de 50 nenos e nenas que participan

Durante os meses de xullo e agosto, O Rosal está acoller unha variada oferta de actividades, entre elas o campamento de verán. Isto é posible grazas á colaboración entre Outrora S. Coop. Galega e o Concello do Rosal.

Os pequenos e pequenas, que comprenden as idades entre os 4 e 12 anos, poden desfrutar cada día dunha ampla variedade de dinámicas, xogos e actividades que promoven o lecer activo, a creatividade, o traballo en equipo e a experimentación, adaptándose sempre aos diferentes grupos de idade.

Ao longo do campamento buscan tocar todos os campos dende as actividades físico-deportivas ata outras que requiren destrezas diferentes como a cociña ou debuxo.

A pesar de que o CPI Manuel Marquier (A Mata) é o escenario principal no que se desenvolve, a rapazada pode gozar un día por semana dunha saída aos diferentes espazos naturais da contorna, realizando diferentes actividades ao aire libre como unha ruta aos Muíños do Folón e do Picón ou un día de baño na Pesqueira.

Ademais, tamén realizan encontros de carácter social ou cultural, como asistir á presentación de dúas pezas teatrais: unha no Auditorio do Rosal, sobre Luísa Villalta e outra no Centro Social Polivalente, onde a Asociación Acougo (Asociación Galega de Familias de Acollida) achegoulles un pouco máis a esta realidade e á diversidade familiar en xeral. Tamén contaron coa visita de dúas mozas que lles introduciron na importancia do Consello de Infancia e Adolescencia.

Trátase dunha aposta perfecta para a conciliación familiar, contando con recursos como a Aula Madruga, conseguindo así que as familias gocen desta conciliación tan necesaria nesta época estival.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS