lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaUn accidente entre tres coches en Mos sáldase con catro persoas feridas

Un accidente entre tres coches en Mos sáldase con catro persoas feridas

Unha colisión múltiple, entre tres coches, no concello de Mos deixa como resultado catro persoas feridas.

Do accidente en cadea, tivo constancia o 112 Galicia mediante a chamada dunha persoa particular, a poucos minutos das tres e media da madrugada. Este indicaba que se acababa de producir un choque entre varios vehículos na estrada A-55, ao redor do punto quilométrico 14, nos carrís de sentido a Vigo. Ademais, durante a comunicación sobre o accidente descoñecíase se había persoas feridas.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE-112 Galicia) alertouse aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Porriño e a Protección Civil de Mos.

Xa desde o lugar, a Garda Civil de Tráfico confirmou que, finalmente, foron tres os coches implicados na colisión e que, na mesma, resultaron feridas catro persoas.

Co fin de garantir e restablecer a seguridade na vía, desde o 112 tamén se informou ao persoal de mantemento da estrada e ao Centro de Xestión de Tráfico.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS