jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeMondariz festexa con música as súas festas de Peña de Francia e...

Mondariz festexa con música as súas festas de Peña de Francia e San Roque

Este ano o pregón correra a cargo de Maite Isla

Os días 14, 15, 16, 17 e 18 Mondariz celebra as súas festas da Peña de Francia e San Roque onde a música será a gran protagonista con varias bandas tocando en directo.

O día 14 actuarán os grupos ‘Luar na Lubre’, ‘Exeria’ e ‘Astarot’.

Luar na Lubre trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego, e nestes intres están presentando o seu vixesimo disco, chamado Encrucillada.  A banda coruñesa creada en 1985 outro chanzo mais nunha carreira mais que consolidada, na que ata o dia de hoxe venderon máis de 350.000 exemplares e recibiron dous Discos de Ouro ademais de 9 Premios da Música. Luar Na Lubre ofreceu máis de 2.000 concertos en máis de 40 países e nesta noite tan especial darán comezo a velada 23:00h.

Á 1:00H comenzará Astarot grupo de Rock fundado en 1983 en Cangas do Morrazo, unha das grandes bandas de rock de Galicia. Grupo que fusionou moita música de raíz co rock, dando a coñecer tanto a escritores como a cancións populares co seu estilo potente e melódico. Cancións como Negra sombra, Miudiño ou A Rianxeira son himnos para todas e todos nós.

E pechando a noite, chegan dende Ponteareas Exeria ás 3:00h. Para os que non os coñezan un grupo pertencente á nova xeración de músicos amantes das guitarras e do rock. Combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico.

O xoves 15 a festa continuará coa orquestra Royal Espectáculo e o grupo La Conexión. Acompañará tamén o día a Banda de Música Cultural de Mondariz.

O venres 16 será o turno do grupo Talismán e o grupo Alkar. Acompañados da Banda de Música Unión de Guláns.

O sábado 17 a noite estará adicada aos máis novos con varios DJ e Disco Móbil.

Por último, as festas rematarán o domingo 18 coa Festa da Paparota, con menú especial de ovos con chourizo e patacas. Acompañarán o día as charangas Sacacorchos e Nosokaos e o grupo Pé de Pote.

festas mondariz.jpg
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS