O pasado sábado a Coral da Cañiza celebrou o seu tradicional Concerto de Verán. Nesta ocasión, acompaado das corais Agrupación Musical de Vincios e Coral «La Enseñanza» de Valladolid, co auditorio da Cañiza como escenario principal.
Este escenario foi quen viu nacer a esta agrupación e na que ensaian todas as semanas os homes e mulleres que actualmente integran esta formación musical, fundada no ano 1994 pola Concellería de Cultura do Concello da Cañiza.
A agrupación naceu como unha coral privada, independente, sen ánimo de lucro e cun obxectivo único: a divulgación e a difusión do canto coral e da cultura musical.
«Traballadores, responsables e cunha grande cultura musical» así os definiu o alcalde da Cañiza, Luis Piña, na súa intervención despois de finalizar a Gala deste sábado 10 de agosto.
Momento no que o mandatario fixo entrega dun agasallo e placa conmemorativa de parte do Concello en gratitude por estes 30 anos de canto coral e sobre todo de compromiso co bo nome da Cañiza.
O alcalde felicitou a todos os compoñentes da Coral. Unha felicitación extensiva a todos os homes e mulleres que durante estas 3 décadas fixeron parte desta familia musical. E por suposto agradeceu e felicitou ao seu director Jorge Fernández González así como a todos os músicos e directores que formaron parte dela.