O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e acompañado polos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, así como outros membros da corporación provincial participaron este domingo na solemne procesión da Virxe Peregrina, patroa da Deputación e da provincia, que partiu ás 21 horas do Santuario da Virxe Peregrina para percorrer as rúas do casco histórico de Pontevedra para rematar novamente no emblemático Santuario.
Nesta mesma xornada o presidente estivo presente na lectura da ofrenda, que nesta ocasión correu a cargo do vicepresidente Rafa Domínguez e que tivo lugar durante a misa pontificial celebrada no Santuario da Virxe Peregrina. Unha tradición na que ano tras ano participan centos de pontevedreses e que organiza a Cofradía Nuestra Señora del Refugio la Divina Peregrina.