Outras das grandes citas do verán en Galicia, tamén se sitúan na provincia de Pontevedra e son as Festas da Peregrina.
A cidade de Pontevedra acolle dende onte ata o 19 de agosto as súas festas grandes con una moi ampla programación chea de actividades, concertos e propostas culturais á altura do que supón estas festas para o concello.
Hoxe ás 12:00 horas tiña lugar a lectura do pregón para dar por inauguradas as celebracións no balcón do Pazo de Mugartegui. A encargada de facelo este ano foi Teresa Fernández-Valdés, unha refenrencia no mundo audiovisual sendo a fundadora de Bambú Producciones e que, actualmente, traballa coa compañía Te espero en Marte.
Tras a súa lectura, onde puxo a cidade de Pontevedra como un dos novos puntos de referencia para o audiovisual, deuse paso aos pasacalles e á 13:15 horas tivo lugar a procesión para a ofrenda floral ata o santuario da Virxe da Peregrina.
Podes consultar toda a programación se pinchas aquí ou a nosa selección a continuación.
Programación das Festas da Peregrina 2024
- Sábado, 10 de agosto
19:00 horas, actuación do grupo Os Alegres.
21:00 horas na Praza da Ferraría, concerto de El Drogas.
00:00 horas, espectáculo de fogos artificiais.
- Domingo, 11 de agosto
21:00 horas tendrá lugar a procesión da Virxe da Peregrina e a danza gremial de cintas na Praza da Peregrina.
22:30 horas na Praza de España, concerto de Delaossa.
22:45 horas, verbena coa orquesta Galilea.
- Luns, 12 de agosto
19:30 horas, espectáculo «A Pirata Lola».
21:00 horas na Praza da Ferraría, Gala Sinfónico Tradicional.
22:30 horas na Praza de España, concerto sorpresa.
- Martes, 13 de agosto
19:00 horas, celebración da Batalla das Flores.
21:00 horas, espectáculo infantil «Tarzán. O Musical».
22:30 horas na Praza da Ferraría, concerto de Octavo C.
- Mércores, 14 de agosto
19:30 horas na Praza da Curtidoira, Expresión Contacontos Ilusionante.
21:00 horas, concerto de Caamaño & Ameixeiras.
22:30 horas, concerto de Nil Moliner.
- Xoves, 15 de agosto
19:30 horas, teatro Pablísimo.
21:00 horas na Praza da Ferraría, concerto de Savoy Club Big Band.
22:30 horas na Praza de España, concerto de Shinova.
22:45 en Montero Ríos, verbena coa orquesta Alcázar.
00:00 horas, espectáculo pirotécnico.
- Venres, 16 de agosto
19:30 horas, teatro infantil con «Inventi Teatro«
21:00 horas na Praza da Ferraría, concerto de Mondra.
22:30 horas na Praza de España, concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.
- Sábado, 17 de agosto
19:30 horas, espectáculo infantil con «Barafunda«
21:00 horas, Gala de Circo.
22:30 horas na Praza de España, concerto de Fillas de Cassandra.
- Domingo, 18 de agosto
21:00 horas, concerto da Banda de Música de Pontevedra e Pelepau.
22:45 horas, verbena coa orquesta D´Noche.
00:00 horas, espectáculo pirotécnico.
- Luns, 19 de agosto
Dende as 18:00 celebrarase o Día do neno.
21:00 horas, concerto de Anxo Araújo.
22:30 horas, Los 40 Sessions.