viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO servizo de prevención de incendios forestais de Ourense contará con novos...

O servizo de prevención de incendios forestais de Ourense contará con novos EPIS

O novo material entregarase nos vindeiros días aos traballadores que forman parte do equipo de extinción

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, visitou hoxe as instalacións da Consellería do Medio Rural dedicadas a loxística do servizo de prevención de incendios de Ourense. O obxectivo da visita débese á entrega dos novos equipos de protección individual que recibirá todo o persoal do dispositivo nas vindeiras datas.

O delegado territorial destacou o esforzo da Xunta para dotar de medios punteiros a todo o
persoal que traballa na loita contra os incendios forestais e puxo en valor o traballo e entrega de todos os integrantes do servizo de prevención e extinción dos incendios de
Galicia no coidado e defensa dos nosos montes; “profesionais -louvou o delegado- de
recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional que son imprescindibles na protección
do noso patrimonio forestal”.

Manuel Pardo explicou que se renovarán os EPIs en toda a comunidade, pero no que atinxe á provincia de Ourense, este novo material vai destinado a 30 técnicos, 103 axentes medioambientais e preto de 600 traballadores das diferentes categorías que participan na extinción dos incendios forestais.

O material consta de novos conxuntos de chaqueta-pantalón e cubrecalugas, botas e
camisetas ignífugas, así como luvas. Estes EPIs supoñen unha mellora na categoría de
protección, pasando de categoría II a III, estando Galicia, moi por riba dos estándares
mínimos de calidade establecidos para este tipo de equipamentos.

Estas entregas complementan as xa realizadas de novas máscaras e filtros, tamén de
categoría III e máis cómodas e flexibles que as anteriores, así como a de
autorrescatadores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS