viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Deputación destina 1,3 millóns de euros para obras na EP-1002 en...

A Deputación destina 1,3 millóns de euros para obras na EP-1002 en Cangas

O proxecto está financiado ao 80% pola Deputación e 30% restante polo propio Concello

A Deputación de Pontevedra avanza na posta en marcha das obras para mellorar a mobilidade peonil na EP-1002 A Magdalena-Aldán, en Cangas. Isto dase despois da aprobación do convenio de colaboración co Concello.

O proxecto conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, dos que a Deputación aporta o 80% e o Concello de Cangas o 20% restante.

Este convenio permitirá executar “unha obra moi demandada polos veciños da zona que nós comprometemos e concretamos coa máxima implicación”, segundo explicou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que xa informou o pasado mes de xuño persoalmente á alcaldesa, Araceli Gestido, a remisión do convenio ao Concello “para dar o paso que estamos dando hoxe”.

Grazas a este proxecto melloraranse as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos nun tramo de 850 metros desta estrada mediante a construción dunha senda peonil, a implantación de zonas de convivencia onde non é posible acabar ese largo mínimo e a mellora de varios servizos afectados pola execución das obras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS